Taboleiro de Anuncios


Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns


-

NIF:G36691855
Estrada Zamáns, 251 - 36310 Zamáns (Vigo)
Tfno-Fax:986 468039
Email: zamans@zamans.org


 

                                                                                   

Estimados veciños/as:

Como tódolos anos achegámosvos a programación cultural e iniciativas interesantes para a os próximos meses:

-Entroido.

O martes, día 16 de febreiro ás 17:30h, animación infantil e concurso de disfraces con premios para os gañadores no auditorio do centro cultural.

-Programa “Saúde e benestar” da Deputación de Pontevedra.

Consiste en pasar 6 días e 5 noites de domingo a venres nun hotel spa ou talaso da nosa provincia en réxime de pensión completa nos meses de febreiro a maio excepto Semana Santa.Está dirixido a persoas de 50 ou máis anos, pensionistas ou persoas que mediante un informe do/a traballador/a social se constate que precisan de respiro familiar. Data límite para solicitar, o 25 de febreiro.

-Teatro.

O domingo, día 28 de febreiro ás 19h no auditorio do centro cultural.

A actuación está dentro do programa “Vigo a Escena” do Concello de Vigo.

-Obradoiro: “Iniciación á informática”.

Comeza no mes de marzo, ten unha duración de 15h e o horario é os sábados de 11-13h. Prazas limitadas. Os interesados apuntádevos chamando ó 986468039.

-Obradoiro: “Busca de emprego por ordenador”.

Comeza no mes de marzo, ten unha duración de 15h e o horario é os mércores de 19:30-21:30h. Prazas limitadas. Os interesados apuntádevos chamando ó 986468039.

-Día Internacional da Muller.

O sábado, 13 de marzo ás 17:30h.

-Encontro de pandereteiras en Zamáns.

O domingo, 14 de marzo ás 19h.

-Concerto de corais con motivo da celebración do día do pai.

O domingo, 21 de marzo ás 19h.

Actúan:

-A Coral Polifónica do CVC de Valladares.

-A Coral Polifónica da AVCR San Mamede de Zamáns.

 

Aproveitamos para poñernos como sempre á vosa disposición e agradecervos a colaboración.

Recibide un cordial saúdo.